Na Galícia, campanha pela libertação da presa política Arantza Díaz

                                                                      

Galiza - CScPPP - Dende o Comité de Solidariedade cos Presos e Presas Políticas están a "principiar unha campaña pola liberdade da presa política do PCE (r), Arantza Díaz". Recollida de asinaturas para presionar, tarxetiñas para mandarlles folgos a ela e contar cos colectivos e movimentos sociais da cidade para fúturas mobilizacións están entre as cousas que teñen pensado facer nesta campaña.

Foto do CScPP - Cartaz da campanha

A continuación reproducimos o comunicado que se está a distribuir coa recollida de asinaturas.

ARANTZA LIBERDADE

Queremos denunciar o intento de exterminio lento e planificado de Arantza Díaz Villar, presa política do PCE (r), na cadea dende o 9 de xuño de 2006, ao igual do que xa acontezeu con outros prer@s polític@s como Isabel Aparicio, baixo o mesmo lema que exterminaron tamén a MIguel Hernández: “ou te arrepintes ou morres na cadea”. Hai que lembrar que estes homes e mulleres son da nosa clase e están en prisión por loitar de xeito máis consecuente polos intereses da clase obreira e popular contra este Estado fascista; polo mesmo que nós mobilizamos todos os días.

A Arantza detectóuselle un cancro de colon o 26 de maio de 2014. O 29 transladanna de urxencia ao hospital e o 30 é operada de oclusión intestinal. O 9 de xuño operanna por segunda vez en dez días, esta vez para extirpar o cancro. En todo este tempo que estivo no hospital estivo incomunicada de visitas e chamadas telefónicas. O 18 de xullo o hospitalk informalle de que vai ser tratada a seis meses de quimioterapia. O tratamento dura de agosto de 2014 ata comezos de febreiro de 2015. Informanlle de que en marzo faranlle as probas de comprobación do tratamento. En xuño dinlle que as probas van ser en setembro e o 4 deste mes os médicos da cadea dinlle que nin tan sequer teñen data de saída das probas.

Pot fin, tras varias denuncias e a solidariedade na rúa, así como a súa actitude de loita na cadea (xa que tiña pensado facer unha folga de fame indefinida), o 5 de outubro(sete meses despois do presvisto) é ingresada para realizarlle o TAC de comprobación do seu cancro de colon tra-la terapia á que foi sometida. O xoves 9 é dada de alta e xa na cadea comunícaselle que o cancro reproducíoselle de novo. En principio, a finais de Outubro voltaran a operala e logo, comezará un novo tratamento de quimioterapia contra o cancro.

Así o viveu ela: “A incertidume racha cos meus nervos. Tocoume unha tempada dura, ademáis coa morte da miña nai, de ter que facer plans de enfrontamento ao posible resultado i este retrasase, retrasase….Non é o mesmo ter que planificar a miña vida en prisión se o cancro pechouse, e facer probas de comprobación semestrais. que non o teña feito e teña que comezar de novo o durísimo tratamento“. 

Nun medio como é a cadea, xa de por si hostil con grandes tensións e acosamento por parte dos carcereiros, seguindo as políticas represivas contra @s pres@s polític@s, das que a desanteción médica é unha máis, un medio, ademáis, sen as mínimas atención médico-sanitarias e nas peores condicións para facer fronte a este tipo de enfermidades.

O seu avogado xa solicitou, mediante rescurso, a liberdade de Arantza por padecer unha enfermidade grave e incurable ao Tribunal Especial da Audiencia Nacional, sendo denegado en varias ocasións e atopándose agora en apelación, a pesares dos informes médicos que amosan a gravidade da súa enfermidade (en base ao artigo 92 do Código Penal e 196 do Regulamento Penitenciario). Está claro que sen presión social, Arantza está condeada a morrer na cadea, máxime cando tería que sair para xulo de 2017.

É por iso que animamos a todos os colectivos e movimentos sociais, a tod@s @s solidari@s desta cidade, a asinar esta declaración esixindo a súa inmediata posta en liberdade no cumprimento das súas propias leis e evitar aís un novo asasinato dun pres@ polític@.

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE C@S PRES@S POLÍTIC@S

Comentários